Unha iniciativa de Twitter pide a emisión de debuxos animados en galego
Televisión
A conta "Por un contido infantil e xuvenil na TVG" solicita unha canle 24 horas con contidos actuais en galego
Fai 26 anos nacía en Galicia un dos emblemas da infancia de miles de galegos: o Xabarín Club. O programa infantil acompañou as tardes dos nenos galegos dende 1994 cos debuxos animados de moda. Este ano, cando se cumpren 26 anos do seu nacemento, xurdiu unha iniciativa en Twitter que pide a reposición de contidos audiovisuais infantís en galego. "Por un contido infantil e xuvenil na TVG" reclama unha canle 24 horas para que as novas xeracións teñan a oportunidade de crecer aprendendo galego.
A iniciativa, que naceu este mes de setembro, conta con moito apoio en redes sociais, xa que son moitos os galegos os que ven con bos ollos unha canle de debuxos en galego. Neste senso, piden tanto a reposición de contidos como a tradución de debuxos actuais para os máis pequenos.
Unha iniciativa da que se fixo eco a Mesa pola Normalización Lingüística, que levará ao Parlamento a proposta de crear unha canle televisiva con contido infantil en galego. O documento conta con máis de 8.000 asinantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?