DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
CONGRESO EDUCATIVO
Trives converteuse nun pequeno laboratorio de ideas e descubrimentos co VII Congreso Científico da Montaña, unha cita xa consolidada que este ano reuniu arredor de 250 rapaces e rapazas de 11 centros educativos das provincias de Lugo e Ourense.
Aínda que a celebración estaba prevista para finais de abril, un apagón obrigou a adiar o evento e reorganizar parte do programa. Mesmo así, a ilusión non minguou, e durante dous días, o CEIP Manuel Bermúdez Couso e o IES Xermán Ancochea, sedes do congreso neste 2025, acolleron presentacións, obradoiros, espectáculos científicos e moitas horas de convivencia.
A pesar do nome, o Congreso Científico da Montaña vai moito máis alá das ciencias naturais, buscando que o alumnado traballe ao longo do curso empregando o método científico e que presente os seus proxectos ao resto de compañeiros. Os traballos abordaron temas como bioloxía, tecnoloxía, historia, música, matemáticas ou educación física.
O primeiro día, os estudantes de Primaria montaron os seus “stands” no colexio, creando unha auténtica feira da ciencia onde explicaron os seus proxectos. Mentres tanto, no instituto, o alumnado de Secundaria presentaba as súas propostas cun formato máis expositivo, en intervencións breves de cinco minutos. En total, déronse a coñecer 18 traballos. A tarde continuou con máis actividades: para Primaria, un obradoiro do CSIC sobre os incendios forestais e un espectáculo científico; para Secundaria, xogos cubertos como alternativa a unha ruta de sendeirismo frustrada pola choiva. A xornada rematou con cea conxunta e unha velada nocturna diferente para cada grupo.
O segundo día, tras o almorzo no colexio, todos subiron á Estación de Montaña Manzaneda, onde as actividades foron máis físicas, pero igual de motivadoras. A despedida foi informal, comendo xuntos uns bocadillos antes de que cada grupo regresara ao seu centro, cun feixe de experiencias na mochila.
O congreso, que leva sete edicións celebradas, é unha iniciativa compartida por todos os centros participantes. A comezo de curso deciden entre todos o lugar, as datas e as tarefas organizativas. Neste 2025, Trives asumiu con orgullo a responsabilidade de acoller o evento e coordinou a loxística con éxito.
A organización recalca que este tipo de encontros son moito máis que unha actividade académica. Son un espazo para coñecer outras realidades, compartir ideas, fomentar o espírito científico e, sobre todo, tecer lazos entre centros que, aínda estando separados por quilómetros de montaña, comparten as mesmas gañas de aprender e construir futuro no rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
IES XERMÁN ANCOCHEA
Alumnos triveses foron arqueólogos por un día
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia