De lanzar o globo sonda ata coñecer Santiago no IES do Xermán Ancochea Quevedo
METEOGALICIA
O alumnado do IES Xermán Ancochea viviu unha intensa e enriquecedora xornada en Santiago de Compostela
O alumnado do IES Xermán Ancochea viviu unha intensa e enriquecedora xornada en Santiago de Compostela, combinando ciencia, divulgación e coñecemento do patrimonio nunha saída didáctica que deixou moitas aprendizaxes e tamén bos momentos compartidos.
Os estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitaron as instalacións de MeteoGalicia, onde participaron nunha sesión formativa sobre meteoroloxía e coñeceron de primeira man o funcionamento dos distintos aparellos meteorolóxicos. A actividade permitiulles achegarse ao traballo que se realiza diariamente para analizar o tempo e elaborar predicións.
Un dos momentos máis especiais da visita foi a experiencia do lanzamento dun globo sonda, co que puideron observar como se recollen datos atmosféricos en altitude. Posteriormente, puideron consultar na páxina de MeteoGalicia o punto no que caeu o dispositivo e as medicións rexistradas, entre elas diferentes parámetros meteorolóxicos, completando así unha vivencia científica moi práctica e real.
Pola súa parte, o alumnado de 1º da ESO visitou durante a mañá o Museo de Historia Natural da USC, onde tivo a oportunidade de descubrir a diversidade do mundo natural a través das distintas coleccións e exposicións.
Xa pola tarde, todos os cursos participaron xuntos nunha divertida xincana pola zona vella de Santiago de Compostela. Divididos en sete grupos mixtos, tiveron que superar sete probas pensadas para coñecer mellor o casco histórico da cidade. A actividade non só lles permitiu descubrir recunchos e detalles do patrimonio compostelán, senón tamén fomentar o traballo en equipo e a convivencia entre estudantes de diferentes idades.
A excursión converteuse así nunha experiencia completa, na que a ciencia, a natureza e a historia se uniron para ofrecer ao alumnado unha aprendizaxe máis alá das aulas, reforzando o valor das saídas educativas como ferramenta para aprender de forma activa e compartida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEDIO RURAL
Tres novos pasteiros en Chandrexa e Manzaneda
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Las piedras del camino
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio