NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
PROGRAMACIÓN DE NADAL
O Concello de Manzaneda lanza a súa programación de Nadal 2024, coa intención de potenciar as tradicións propias da montaña galega e ofrecer actividades para todas as idades. Este ano, a música, o baile, o Pandigueiro e outras iniciativas típicas destas datas serán protagonistas dun calendario que se estenderá do 20 de decembro ao 5 de xaneiro. Manzaneda ademais acendeu xa parte das súas luces de Nadal na vila desde o primeiro de mes, preparando un ambiente festivo completo xa na pasada ponte, coa intención de “atraer visitantes, promover o turismo rural e poñer en valor a gastronomía e os produtos locais”, segundo explican desde o Consistorio.
Este ano, a vila medieval foi a primeira localidade dos concellos veciños en inaugurar o acendido das luces de nadal
A programación de Nadal comeza o venres 20 de decembro, cunha tarde de cine infantil no centro de día. O sábado 21 inaugurarase unha espectacular mostra de máis de 150 beléns de 16 países diferentes, colección do trivés Berardo Araujo, quen leva parte da súa mostra por primeira vez ao concello veciño, acompañada dun concerto de Nadal a cargo de “Acordeonistas Airiños da Porta Falsa” ás 16,30 horas, seguido dun obradoiro máxico do “Mago Albert” e unha chocolatada.
O día 22 é a feira mensual, coincidindo co día da lotaría, algo que, según sinalan desde o Consistorio, é acollido coma o comenzo dos festexos de Nadal. Ademais, a chegada do Pandigueiro está prevista para o 27 de decembro, cando repartirá castañas, chocolate e traballos de madeira á cativada, precedido de actuacións de música e baile tradicional, incluíndo ás Pandereiteiras “Quinchousa Oscura” e a asociación de baile “A Pinguela”.
Do 2 ao 4 de xaneiro, os máis pequenos poderán desfrutar do “Brinca-Nadal Manzaneda”, con inchables no polideportivo municipal. Finalmente, o 5 de xaneiro, a tradicional “Cabalgata de Reis” percorrerá o concello con paradas no belén da praza e na residencia municipal, antes de rematar cunha chocolatada no centro de día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados
DESCENSO TÉRMICO
El frío invernal llega a Ourense esta semana