DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
CENTROS MUSEÍSTICOS DE GALICIA
A Xunta de Galicia deu un paso na valorización do patrimonio cultural e industrial de Parada de Sil ao recoñecer oficialmente a Casa do Chocolate de Teimende como Colección Museográfica. O acordo, aprobado no Consello da Xunta o pasado 27 de decembro de 2024, e formalizado mediante resolución o 30 de decembro, implica a inscrición deste espazo no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia e a súa integración no Sistema Galego de Centros Museísticos, conforme á Lei de Museos de Galicia.
Para o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, esta distinción supón “o recoñecemento do traballo levado a cabo nos últimos anos, así como un espaldarazo para impulsar novos proxectos e iniciativas de futuro vencelladas ao mundo do chocolate e con distintos ámbitos da cultura, cos que estamos comprometidos”, engaden que este paso reforza a súa aposta por proxectos vinculados ao patrimonio cultural, consolidando a Casa do Chocolate como un centro de referencia na Ribeira Sacra, optando a subvencións e obtendo maior difusión en páxinas de cultura e turismo de Galica.
Desde a súa apertura ao público, tras a rehabilitación liderada polo Concello en colaboración coa familia Casares, este espazo converteuse nun punto de atracción turística destacado, rexistrando máis de mil visitantes ao mes en tempadas altas. O éxito consolidouse coa creación dun Consello Asesor en 2023, integrado por representantes municipais, a familia propietaria, e figuras de prestixio cultural como o escritor Delfín Caseiro Nogueiras.
A Casa do Chocolate representa un exemplo de conservación do patrimonio industrial vinculado á alimentación. A antiga fábrica, situada nunha contorna rural lonxe de grandes centros urbanos, destaca pola súa singularidade: producía chocolate, un produto de luxo na súa época, en condicións desafiantes para o transporte de materias primas e a distribución. Ademais de preservar a maquinaria orixinal e os procesos tradicionais de elaboración do chocolate, o espazo destaca por conectar a historia do produto con veciños e os visitantes, ofrecendo unha experiencia que combina turismo, educación e cultura.
O recoñecemento como colección museográfica abre novas posibilidades para a Casa do Chocolate, que xa conta coa certificación Q de calidade turística. Este proxecto cultural, ademais de preservar a memoria histórica, contribúe á mellora socioeconómica do territorio. Parada de Sil, situada no corazón da Ribeira Sacra, reforza a súa posición como destino turístico nun momento clave para a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
A aposta da Xunta, en colaboración co Concello, representa un compromiso conxunto para preservar o pasado e proxectar un futuro de desenvolvemento sostible a través do turismo cultural. A Casa do Chocolate de Teimende é un símbolo da conexión entre a tradición e a modernidade no rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
IES XERMÁN ANCOCHEA
Alumnos triveses foron arqueólogos por un día
Lo último
AYUDAS FRENTE A LA CRISIS
Estas son las nuevas medidas del Gobierno: así te afecta la bajada del IVA y las ayudas energéticas
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de marzo?