"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
A asociación de nais e pais O Recreo, do colexio trivés, levou a cabo esta fin de semana unha actividade na que participaron arredor de trinta andaríns.
Pasaban das 11,30 horas da mañá cando os cativos, acompañados de maiores, iniciaban a súa particular andaina desde a vila de Manzaneda ata o pobo de Sobrado, xa no Concello de Trives. O mal tempo e choiva de meses pasados fixo que desde a organización tiveran que cambiar o percorrido da mesma ante a imposibilidade de cruzar o río, evitando tamén os camiños mollados. A pesar diso, os cativos cruzaron os camiños entre soutos de castiñeiros ata chegar ao pobo de Sobrado, alí a Igrexa do século XII agardaba a súa visita coas portas abertas e a súa historia agardándoos.
Algúns membros do grupo de teatro da asociación trivesa A Caniceira levaron aos cativos ata o tempo das abadesas do mosteiro de Sobrado e a súa loita, apoiadas polos veciños do pobo, para que non as botaran do mosteiro, achegándolles así a nenos e maiores coñecemento do importante monumento románico e a historia que ten.
Ao remate do conto e da visita ao interior da igrexa, a súa ruta continuou coñecendo as súas rúas ata a casa do pobo onde todos xuntos disfrutaron dun picnic e mesmo dun biscoito feito por algunhas veciñas para os máis cativos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil