"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
"PECADOS CAPITAIS"
A expectación notábase xa minutos antes no acceso ao Auditorio Julio Vázquez de Trives. Pouco a pouco, o público foi enchendo o espazo ata deixar claro que a cita coa nova proposta do grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira era un dos acontecementos culturais máis esperados da tempada. Amigos, familiares, veciñanza e amantes do teatro déronse cita ata deixar o auditorio pequeno para acoller a estrea de “Pecados capitais”.
Sobre o escenario, 15 actores e actrices locais, baixo a dirección de Ana García Earley, deron vida a unha peza de creación propia que conseguiu o que poucas obras logran desde o primeiro minuto: facer rir sen descanso. Desde o inicio da función, as gargalladas foron constantes nun público entregado que, entre sorpresa e complicidade, viu como o tempo pasaba case sen decatarse.
A obra, inspirada libremente no percorrido de Ulises reinterpretado a partir da “Divina Comedia”, traslada ao espectador a un inframundo moi particular, habitado por pecados e pecadores, que serve ao mesmo tempo como espello da sociedade actual.
Con humor, retranca e unha coidada mirada crítica, a proposta convidaba a reflexionar sobre o comportamento humano e aquelas actitudes cotiás que, ás veces, tamén se converten en “pecados” contemporáneos.
Pero máis alá da historia, “Pecados capitais” é tamén unha celebración do teatro feito desde o rural, con actores e actrices da propia vila que poñen ilusión, esforzo e paixón en cada ensaio e en cada escena. O grupo de teatro leva os seus meses de ensaio da man dos meses de curso escolar, e cada martes non fallan á súa horiña de interpretación seguindo as directrices de García Earley. Esa entrega e traballo do grupo foi precisamente a que se percibiu durante toda a função, nun ambiente próximo e cheo de complicidade entre escenario e público.
Como cada estrea e representación teatral, a función foi de balde, pero si puxeron unha urna para recoller os donativos que os asistentes quixeran doar para colaborar coas actividades que a Asociación Cultural A Caniceira leva a cabo ao longo de todo o ano.
Ao remate, quedou a sensación compartida de que a obra se fixo curta, signo inequívoco de que a conexión co público foi total. O grupo da Caniceira volve demostrar así que o teatro local non só enche espazos, senón que tamén enche emocións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
Lo último
EN BUSCA DE 8 FICHAJES
El COB supera los 1.000 socios mientras aprieta en el mercado
Roberto González
Hugo Álvarez: los valores también juegan
3,5 MILLONES MOVILIZADOS
Ayudas para una flota de buses de San Cristovo de Cea más sostenible
MÁS DEPORTE
Actividades de verano +Deporte: Yoga