NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
MEDIO RURAL
A Consellería do Medio Rural destinou preto de 337.000 euros á creación de tres pasteiros nos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa e Manzaneda, nunha superficie total de 29,7 hectáreas.
As actuacións nos pasteiros foron visitadas este venres polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, que comprobou os traballos realizados.
En Chandrexa de Queixa executáronse dous pasteiros na parroquia de Requeixo, con investimentos de máis de 207.000 euros no seu conxunto. Pola súa parte, en Manzaneda desenvolveuse outro pasteiro no monte veciñal de San Martiño de Arriba, cun investimento de 129.000 euros.
En todos os casos, manifestan desde a Xunta que se incluíron traballos de acondicionamento do terreo, peches gandeiros e instalacións para o manexo do gando.
Segundo destacou a Xunta, estas actuacións contribúen ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e á mellora dos ecosistemas agroforestais, ademais de favorecer a prevención de incendios forestais a través da gandaría en extensivo.
Os pasteiros enmárcanse no Plan de Pastos de Galicia, que, segundo a Consellería do Medio Rural, desde 2020 mobilizou case 2.500 hectáreas en 106 actuacións en toda a comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión de los dos accidentes ferroviarios que dejan 114 muertos
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total