Trives celebra en febreiro a décima “Andaina do chourizo”

ANDAINA

Os participantes da "Andaina do chourizo" gozarán de incribles paisaxes da zona de Trivez e poderán degustar produtos típicos da zona

Andaríns participantes na pasada edición.
Andaríns participantes na pasada edición.

O Club Montaña Trives organiza a décima edición da “Andaina do chourizo”, que terá lugar o próximo 1 de febreiro. A saída está prevista para as 10,00 horas desde a Praza do Pilón, punto de partida para un percorrido de 8,6 quilómetros que permitirá aos participantes descubrir fermosas paisaxes da comarca.

O itinerario, de baixa dificultade, atravesará lugares emblemáticos como A Pobra de Trives, Santa María de Trives, Sas, Pena Folenche, San Mamede e Vilanova. Ao final da andaina, os participantes poderán gozar dunha chourizada como recompensa ao esforzo. O tempo estimado para completar o percorrido é de dúas horas, polo que está pensado para todos os públicos.

As inscricións poden realizarse escribindo ao correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O custo será de 5 euros para os socios do club e 10 euros para os non socios. Este evento anual consolidouse como unha tradición en Trives, mesturando actividade ao aire libre e a oportunidade de degustar produtos típicos da zona, nunha xornada que destaca pola súa boa acollida e ambiente festivo.

Contenido patrocinado

stats