DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
FIXAR POBOACIÓN
O Concello do Bolo vén de dar a coñecer o seu Plan Municipal de Vivenda e Chan 2024-2029, unha iniciativa “pioneira” en Galicia que pretende recoller as necesidades de vivenda do municipio, analizar o estado dos inmobles actuais e marcar obxectivos e estratexias para os vindeiros cinco anos, co fin de combater o despoboamento e fixar poboación.
A presentación tivo lugar no Castelo e contou coa participación do subdelegado do Goberno, Eladio Santos; do alcalde, Alberto Vázquez; da concelleira Mayra Martínez, e do equipo de arquitectos: Luis Álvarez, Rosario León e Silvia Arias.
Santos destacou que o plan, elaborado polo estudo Luis Álvarez Arquitectura, permitirá que O Bolo “estea posicionado estratexicamente para cando saian as liñas de axuda para a vivenda tanto da Administración central como da autonómica”. Nesa mesma liña, o alcalde apuntou que “con el iremos chamando ás portas da Administración para explicar os problemas de vivenda que ten este concello”. Pola súa banda, o arquitecto Luis Álvarez afirmou que se trata dunha iniciativa “novidosa, en Galicia é un dos primeiros plans que se fan deste tipo”.
Dende o Concello do Bolo insisten en que con este plan, que estará asometido á participación cidadá, apóstase polo futuro, polo freo á perda de poboación e pola dinamización económica, garantindo o dereito á vivenda dos habitantes do Bolo e da comarca.
Este proxecto conta co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025 ao que está acollido O Bolo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
IMPULSO AL TEJIDO EMPRESARIAL
La Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) continuará apostando por la formación tras el verano
COMUNICACIÓN CON LA CAPITAL
La comarca de Valdeorras recupera el bus directo a Madrid en verano
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565