NUEVAS MOVILIZACIONES
Asilival refuerza su lucha por Neumología
Letras Galegas 2022
A localidade vilamartinesa de Córgomo acollerá este vindeiro sábado un novo evento dentro das actividades de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Servirá, ademais, para fomentar o premio de poesía que leva o nome do poeta valdeorrés, quen foi escollido pola RAG para renderlle tributo no Día das Letras Galegas do ano que vén.
Segundo explican dende o proxecto de As Letras de Florencio, tratarase dunha ofrenda floral no cemiterio de Córgomo, programada para as 12,00 horas. Posteriormente, ás 12,30 horas, terá lugar un Vermú Poético. Este acto é unha reescrita dos textos que foron premiados noutras edicións do premio de poesía, “creando un novo produto”, detallan.
A este Vermú Poético acudirán plumas como a de Andrea F. Maneiro, Raúl Gómez Pato, Xabier Xil Xardón, Bea Saiáns, Jorge Moral e Arancha Nogueira.
O III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, convocado polo Concello de Vilamartín coa colaboración dos consistorios de O Barco, A Rúa, Rubiá, Petín e a Deputación de Ourense, pretende impulsar a creación literaria en galego e dar a coñecer a obra poética de novos creadores.
Os interesados en presentarse ao certame, que leva organizándose dende 2018, poderán facelo ata o 1 de setembro. As bases están na web asletrasdeflorencio.gal. O premio é de 3.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS MOVILIZACIONES
Asilival refuerza su lucha por Neumología
"EROSIÓN EXTREMA"
Galicia Ambiental propone barreras contra los arrastres
NUEVE CONCELLOS ABASTECIDOS
El agua no subirá de precio en 2027 en Valdeorras
Lo último