"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio
A SEGUNDA EDICIÓN
O libro “El último maqui. Vida y leyenda de Mario de Langullo” vai pola súa segunda edición e xa está a piques de saír a terceira. O seu autor, Juan Carlos Alonso, que ven de presentalo en A Rúa, pasa os veráns en Vilarellos (Castro Caldelas), unha pequena aldea próxima á cova que ocupou Mario Rodríguez, “Mario de Langullo”, o protagonista do seu segundo libro. O primeiro foi “Por fin corren las enfermeras”, unha “oda” aos médicos do hospital Sant Joan de Déu.
Pregunta. Por qué o libro de Mario de Langullo?
Respuesta. Sempre viñamos desde que éramos pequenos, chegábamos á aldea de Vilarellos, onde Mario pasou desde o ano 1961 ao 1968, antes de partir hacia Francia e aquí está a Cova do Mario. A finais da década de 1970 e principiios da de 1980 todo o mundo falábame de Mario. Algúns dicían marabillas e outros atrocidades, empezoume a chamar a atención e quixen visibilizar a súa historia.
P. Cantos anos estivo fuxido?
R. Mario estivo fuxido 32 anos e viviu unha epopea. Canta máis información recababa, máis detalles aprendía sobre a súa vida. De feito, marchou con 16 anos a Bilbao a traballar. Hoxe, a esa idade, quen máis quen menos está xogando coa Playstation. É unha biografía moi doente, unha historia de supervivencia, de loita, de vida e morte, pois no monte producíronse 15 mortes documentadas.
P. Cánto tempo lle levou o libro?
R. Púxenme a escribir a historia fai algo máis de dous anos e tiven a sorte de poñerme en contacto coa única filla recoñecida de Mario de Langullo. Ten 85 anos. Fun vela a Langullo, ao primeiro mostrouse reticente. Estaba co seu marido pero despois empezaron a falar recordando aqueles tempos de ignominia, nos que os homes eran capaces do mellor e tamén do peor. Recordaban á súa nai con cariño pero de Mario non falaron nada ben.
P. Foi certo que lle cortaron a cabeza a un cura?
R. Foi no ano 1941. O cura de Cesures, unha parroquia próxima a Langullo, era do Bolo e estaba destinado alí. Mario sempre lle botou a culpa de ser o instigador do asasinato do seu pai e ter un pacto co capitán da brigadilla de Trives. Foron a atracar ao cura Mario, Manuel García Rodríguez “O Porco” e un guerrilleiro de Grixoa (Viana do Bolo) chamado Bernardino García García. Entrou o Mario e como o cura non lles quería dar nada, pegoulle tres tiros. Saíron os tres da casa e Bernardino García, que era un home traumatizado porque tódolos seus irmáns se suicidaran, viu un coitelo da matanza, entrou e cortoulle o pescozo e saiu coa cabeza na man e a pasearon por tódalas aldeas de Manzaneda.
P. Ata cando estivo no monte Mario de Langullo?
R. Botouse ao monte o 25 de xullo de 1936 co seu pai, que aguantou moi pouco tempo no monte e foi asasinado polos falanxistas, e estivo ata o 29 de agosto de 1968. Foi a Francia e regresou a España unha vez morto Franco.
P. A vida nos pobos foi dura.
R. Non podemos abstraernos do entorno que os rodeaba. A principios de 1940, cando creouse a guerrilla do llano, moita xente dixo “estamos no medio de dous fogos”, por un lado a Guardia Civil e por outro os do monte. Era unha situación complexa, tempos de cataclismo, nos que os homes eran capaces do mellor e tamén do pior. Ao principio había conviccións políticas, ao final o que pervivía nos escapados era o instinto de supervivencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio
MÁS DE 70 VISITAS
La D.O. de Valdeorras aumenta presencia en ferias internacionales
ACCIDENTE EN UNA FINCA
El Sergas deberá pagar 51.000 euros a un paciente de O Barco que sufrió la pérdida de un ojo
CONEXIÓN OURENSE-PONFERRADA
El primer proyecto de la A-76 echa a andar 20 años después
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas