FEDERACIÓN NACIONAL
El sector de la pizarra reforzará la formación en Valdeorras
O vindeiro venres día 1 de decembro, ás 11,00 horas, o Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, con la colaboración del Concello de O Barco, prevé a plantación de 500 castiñeiros nunha das áreas arrasadas polos incendios en Valdeorras, na parroquia de Alixo, pertencente ao concello de O Barco de Valdeorras. Desde o Consello explican que “a elección desta árbore senlleira débese a que se trata dunha especie melífera e autóctona con moito que ofrecer. Ademais de flor para a polinización e a consecución de rico mel, tamén se obterán castañas nun futuro, contribuíndo así coa dinamización do medio rural”.
A acción que se porá en marcha en Valdeorras, forma parte dunha campaña destinada “a honrar e dignificar a apicultura galega baixo o título ‘Un modo de vida’, seguindo unha filosofía na que a preservación da biodiversidade, o coidado das abellas e a valorización dun oficio tradicional son o eixo central”. A coordinación desde o Concello farase desde a Concellaría de Medioambiente.
Coma toda acción solidaria, desde o Consello animan á participación de persoas voluntarias que queiran achegarse a axudar na repoboación, que poden inscribirse enviando un correo a info@mieldegalicia.org ou aparecer directamente no propio lugar a botar unha man. Iso sí, “os dez primeiros voluntarios recibirán un meloso agasallo”, explicaron desde el Consello Regulador.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FEDERACIÓN NACIONAL
El sector de la pizarra reforzará la formación en Valdeorras
TURISMO CULTURAL
Enoturismo y festivales, tirón turístico estival de Valdeorras
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño
Lo último