Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Del mismo sitio al mismo lugar
DIARIO LEGAL
Agora que se achega o verán e as altas temperaturas, especialmente en Ourense, a instalación de máquinas de aires acondicionados aumenta, e por ende, de igual modo, os conflitos veciñais sobre a súa instalación. Sen perxuizo de que cada caso, debe de ser analizado individualmente, xa que se diferencia se a máquina afecta a elementos comúns xeráis ou por exemplo, se instala nun elemento común de uso privativo, como terrazas, a regra xeral, de acordo cos artigos 7 e 17 da Lei de Propiedade Horizontal, LPH, é que é preciso contar con autorización da comunidade ou comunicalo previamente, según sexa un ou outro caso.
Pero, á hora de someterse á votación, a negativa de comunidade ten que ser fundada, e neste senso, se pronuncia unha recente sentencia da Audiencia Provincial de Ávila, nº 294/2025, reafirmando o criterio xurisprudencial de que as comunidades non poden oporse de forma arbitraria á instalación de aires acondicionados en fachada ou elementos comúns.
En concreto, a referida sentencia, revoca a sentencia de primeira instancia pola que se condenaba á retirada da máquina de aire acondicionado da fachada.
Esta sentencia ten relevancia por reafirmar un criterio xeral do Tribunal Supremo, a flexibilización interpretativa da LPH. En concreto, da Sala primeira, Civil, recollido na sentencia de 15/12/2012: “la instalación de aparatos de aire acondicionado en viviendas o locales sujetos al régimen de la propiedad horizontal, incluso afectando a elementos comunes, ha sido enjuiciada con un cierto margen de flexibilidad para permitir la puesta al día de viviendas que en el momento de su construcción no pudieron adaptarse a las mejoras tecnológicas más beneficiosas para sus ocupantes y ello ha dado lugar sin duda a una valoración de cada concreto caso y a un indudable casuismo jurisprudencial tratando de armonizar el alcance de la exigencia legal, que limita las facultades del propietario para ejecutar obras en elementos privados y comunes del edificio, con la posibilidad de facilitar el acceso de los comuneros a estas innovaciones.”
A xurisprudencia do Tribunal Supremo en materia de propiedade horizontal e comunidades de propietarios/as, inclínase por unha interpretación flexible da norma, analizando cada caso en aplicación do principio de propocionalidade
De esta xurisprudencia e do caso concreto analizado pola Audiencia Provincial de Ávila, podemos extraer as seguintes conclusións:
1º Os estatutos de Comunidade, deben de recoller expresamente a prohibición da instalación de aparatos de aire acondicionado, en elementos comúns.
2º Debe de acreditarse o perxuizo en concreto, (construtivos, grietas, ruídos, etc..) e no caso de ser estético, non é suficiente esta alegación xenérica, debe de acreditarse o grado de afectación, non sendo suficiente simplemente si o aparato é visible ou non, senón se a súa instalación provoca un perxuizo real e xurídicamente relevante para a comunidade.
3º Acreditar que existe unha alternativa técnica viable menos gravosa, por exemplo a instalación noutra zona común menos visible, mellor illada acústicamente.
4º Comparar se na mesma Comunidade existen precedentes de instalacións similares, previamente toleradas, e esta negativa suporía un trato discriminatorio, de acordo coa doctrina dos actos propios.
En resumo, a xurisprudencia do Tribunal Supremo en materia de propiedade horizontal e comunidades de propietarios/as, inclínase por unha interpretación flexible da norma, analizando cada caso en aplicación do principio de propocionalidade, e neste caso, de aires acondicionados, ponderando o interés comunitario e o concreto dereito do propietario/a a disfrutar da súa vivenda privativa en condicións óptimas de habitabilidade e confort.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Del mismo sitio al mismo lugar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Dos intocables hasta hoy...
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
“Tipos raros”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O que corta o bacallau
Lo último
MERCADOS ESPAÑOLES
La Bolsa reparte entre sus accionistas 26.399 millones
PIEZA IMPORTANTE
Sean McDonnell renueva con el COB