DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales
O III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, convocado polo Concello de Vilamartín coa colaboración dos consistorios de O Barco, A Rúa, Rubiá, Petín e Vilamartín e a Deputación de Ourense, presentouse este luns co obxectivo de impulsar a creación literaria en galego e dar a coñecer a obra poética de novos creadores.
Poderase participar no concurso a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Dende aí, os interesados en competir terán ata o 1 de setembro para remitir as súas obras. Estas deberán estar escritas en galego e ter entre 15 e 90 versos.
As bases estarán dispoñibles asimesmo nas páxinas web dos concellos colaboradores e do proxecto de As Letras de Florencio. O xurado anunciarase no mes de xullo, e non será ata o 30 de setembro cando decidirá quen é o merecedor do premio. Do mesmo xeito que outros anos, o gañador será recompensado cunha contía de 3.000 euros.
Esta edición é xa a terceira dun certame creado en 2018 para reivindicar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, para quen os concellos valdeorreses reclaman o Día das Letras Galegas desde hai anos. Da pluma de Florencio saíron obras como Bebedeira (1934) ou Galicia Infinda (1963), e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
O cartel, deseñado polo artista valdeorrés Iván Prieto, mostra a efixie do poeta de Córgomo a través da técnica de collage. No seu peito aparece un corazón que, segundo explicou Prieto, trata de "subliñar o universal da literatura e da poesía".
O Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán súmase ás outras iniciativas que están a levar as institucións da comarca para tratar de conseguir que se lle dediquen as Letras Galegas. En 2022 cumpliranse cinco anos desde o comezo da campaña de As Letras de Florencio, sen que de momento a RAG tivese en conta o autor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales
FESTAS DO CRISTO
Galería | El Nazareno reunió a fieles de toda Valdeorras
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Aprendiendo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 19 de septiembre