Viana do Bolo énchese de cor coa Mascarada
ENTROIDO
O desfile, marcado por un orballo persistente, foi menos espectacular que en edicións anteriores. Pero o mal tempo non impediu que fosen moitos os que ateigasen as rúas de Viana.
Viana do Bolo acolleu, na mañá de onte, a segunda xornada da "III Mascarada Ibérica". Unha oportunidade única para vivir e coñecer, en primeira persoa, as distintas tradicións e interpretacións que se fan do Entroido en lugares como Zamora, Asturias, Cantabria ou Portugal, sen esquecernos, da representación galega.
O evento comezou pasadas as 12.00 horas do mediodía, no Toural de Viana, dende onde partiu un gran desfile no que participaron máis de 500 representantes dos Entroidos da península.
A xornada estivo condicionada por un orballo persistente que fixo que o desfile fose menos espectacular que en outras edicións. Algunhas das agrupacións máis agardadas, como eran os Xenerais da Ulla, preferiron non desfilar por mor de estropear os seus traxes xa que os materiais empregados na súa confección son moi delicados.
A pesar da choiva, foron moitos os que se achegaron a Viana a vivir unha xornada chea de tradición.
A Asociación de Mulleres Rurais foi a encargada de elaborar o menú para as 26 agrupacións participantes. A Mascarada consolidase ano a ano, como unha cita ineludible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMUNICACIÓN CON LA CAPITAL
La comarca de Valdeorras recupera el bus directo a Madrid en verano
promovida por el Clúster
Una guía apoya las medidas contra el sílice en la pizarra de Valdeorras
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 31 de julio
Charo Zarzalejos
Alberto, si quieres, ven