DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
FIDELIDADE DOS COMERCIANTES
O Concello de Verín fai un balance “notable alto” desta última Feira de Nadal, froito das enquisas realizadas polos expositores, nas que a organización obtén unha valoración global de 7,84.
Un 80% dos expositores asegurou que volvería participar o ano que vén, mentres que un 20% non respondeu ou non o especificou. Ademais, o 88% manifesta a intención de acudir á vindeira Feira do Lázaro.
O resto de resultados reflicten un nivel de satisfacción xeral elevado, con aspectos organizativos que continúan mellorando e unha fidelización “crecente” dos participantes, que salientan os expositores, o horario, a ubicación e a limpeza, e que tamén lle dan un aprobado ás vendas, organización, música e actividades complementarias.
O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que “os datos amosan unha tendencia de estabilidade e mellora, cunha valoración xeral notable e cunha resposta moi positiva sobre a continuidade dos expositores. A fidelización é clave para consolidar este evento como referente comercial e social do noso Nadal”.
O premio ao mellor expositor desta edición, que se estendeu tamén ao luns 8, foi para “Magari Clay”, de Ariadna Uría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Lo último