ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
ENREDO DE VERÍN
Tras apenas un mes como empresario da hostalería, Axel Blanco xa pensa como se levara no sector toda a vida. O 17 de abril inaugurou “O Enredo de Verín”, un novo bar na Alameda que, ademais de servir copas na súa terraza, ofrecer pinchos os xoves e poñer os partidos de fútbol, xa acolleu entrevistas e concertos.
Os seus plans e máis os dos seus amigos e familiares, cos que consulta tódalas decisións, pasan por converter este amplo espazo á beira do Támega nun lugar onde “enredar ideas”: queremos encher o baleiro cultural e de eventos con actividades como podcasts, xogos de mesa, catas e presentacións.
Este verinense “con pedigrí”, con familia d’A Pousa (Monterrei) e Campobecerros (Castrelo do Val), moi apegado “á miña terra, ao campo e a vida aquí”, marchou á Coruña para estudar Dereito. A diferenza de moitos dos que apostan por esa carreira, para el era un “soño de infancia”. Malia a súa ilusión, Axel non foi quen de rematar os estudos. Primeiro continuou na universidade en Ourense, pero en 2023 volveu definitivamente a Verín, composto e sen o seu tan ansiado grado. “Volver ao niño familiar daquela sentino como dar un paso atrás”, afirma sen rodeos.
A esa decepción sumáronse varias situacións “moi complicadas” no entorno máis próximo que o mergullaron nun “pozo sen fondo”. Foron amizades e persoas de confianza quenes sostiveron un proceso que se prolongaba mes a mes.
Co Dereito aparcado sine die, “pero non esquecido, sigo vendo o meu futuro exercendo como avogado”, o pasado Entroido ocorréuselle abrir un bar na súa vila natal. Aínda que recoñece que traballar detrás da barra é “duro e sacrificado”, botouse para adiante co obxectivo de facer algo “diferente”. Porque para facer “un bar dos de sempre, non tería dado este paso”.
Os dous meses de reforma do local, que levaba anos baleiro, xa foron toda unha “terapia”, asegura este mozo de 24 anos. Coa súa recobrada ilusión e unha aposta por combinar propostas, Axel promete seguir “enredando” a todo Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior