AGORA ESTREA "MAMMA MIA!"
A inesgotable factoría musical do instituto Chivite de Verín segue a pleno ritmo
FUTURA GARDERÍA
O Concello de Verín aprobou este luns cos votos do grupo de goberno PSOE-BNG a desafectación do terreo municipal onde se ubica o colexio Princesa de España, dependente da Consellería de Educación, para crear no patio cuberto unha gardería pública.
O PP volveu abandonar o plenario antes da votación, froito da enésima rifa dialéctica entre o alcalde, Gerardo Seoane, e a voceira popular, Lara Da Silva.
Seoane xustificou a urxencia do pleno na premura por licitar e arrancar as obras nos meses non lectivos, e xustificar en prazo os 710.000 euros de fondos europeos aportados por Política Social e Igualdade, “dos que só 507.000 son para construción”, sinalou.
O “custo” de derrubar as vivendas dos mestres foi un dos motivos para escoller o patio cuberto do CEIP, e desbotou o proxecto do PP de 2014 por “ubicación e accesibilidade”. No Princesa “complétase o ciclo escolar e concéntrase a oferta educativa nunha mesma zona”.
Na réplica, Da Silva afeou que a escola infantil “podía levar feita dende 2016”, e criticou descubrir no pleno que os terreos do proxecto do PP “foron ofrecidos a semana pasada para construír vivenda social” e “problemas de integración no Princesa”. Seoane pediulle que se “ciñera” ao punto ou “retiraríalle a palabra”.
Tras outra interrupción, Da Silva pediu que lle retirara a palabra, “porque nós marchamos”. Os catro edís abandonaron o salón, e fontes do PP de Verín anunciaron que tomarán “as medidas legais oportunas polas faltas de educación do alcalde á nosa voceira”.
O Concello aprobou ademais varias subvencións nominativas destinadas ao tecido asociativo e deportivo: as Escolas Deportivas municipais, o Festival de Curtas “FIC Vía XIV”, o Verín CF e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGORA ESTREA "MAMMA MIA!"
A inesgotable factoría musical do instituto Chivite de Verín segue a pleno ritmo
ROLDA DE PRENSA
O PP de Verín tilda de “propaganda” os anuncios do Concello
Xornal Escolar
Galería | Acción contra la basuraleza en Verín