MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
PLENO ORDINARIO
O Concello de Verín celebrou este venres un pleno ordinario marcado por un clima de concordia e respecto moi diferente do das sesións anteriores. O grupo de goberno PSOE-BNG e a oposición do PP aprobaron conxuntamente un total de tres puntos recollidos na orde do día de marcado carácter social, nomeadamente o inicio do procedemento das ordenanzas fiscais co obxectivo de establecer a exención de tres taxas de servizos municipais -abastecemento, recollida de residuos e saneamento e depuración- ás entidades sociais sen ánimo de lucro con sede na vila.
O alcalde, Gerardo Seoane, salientou que se trata dunha medida “de xustiza”, ao estar as taxas actuais pensadas para fogares convencionais e non para centros que atenden a decenas de persoas. “O que buscamos é adaptar a normativa á realidade destas entidades sociais e recoñecer o seu labor social”, sinalou.
O entendemento das tres forzas tamén se plasmou na aprobación dunha achega por valor de 75.000 euros ás Escolas Deportivas do Concello para desenvolver as actividades deste tempada. Ademais, acordouse por unanimidade que o ente municipal se acolla a un incremento da achega autonómica para o financiamento do servizo de axuda no fogar.
Os outros puntos do pleno foron dous recoñecementos extraxudiciais de créditos, unha operación de crédito e a aprobación da conta xeral de 2024, que saíron adiante co voto en contra do PP, cuxa voceira, Lara Da Silva, falou dunha xestión económica “fóra de control”, citando os técnicos municipais e o informe de intervención. No caso da operación crediticia, sinalou que non resulta “conforme á normativa”, e que contribúe ao “incumprimento” da estabilidade orzamentaria.
Os populares tamén sinalaron que o grupo de goberno emprega o levantamento de reparos como “unha ferramenta habitual para pagar facturas fóra de procedemento”, e apuntaron á existencia de “máis de tres millóns en facturas fóra de orzamento, unha débeda oculta que non reflicte a realidade das contas municipais”. O pleno rematou con preguntas de Da Silva sobre servizos básicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Manifestación multitudinaria
Verín mobilízase para reclamar mellor atención sanitaria
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia