Bernardo Rodríguez, novo voceiro do PP de Verín: “Quero ser a voz dos verinenses, tamén dos que son críticos coa política”
ENTREVISTA
Membro de Novas Xeracións e vencellado ao PP dende 2023, Bernardo Rodríguez aspira a poñer as súas ganas ao servizo do partido e da veciñanza durante o tempo que exercerá como voceiro popular
Con apenas 24 anos, Bernardo Rodríguez (Verín, 2002) asumiu este martes a acta de concelleiro e comezou a exercer como voceiro popular no pleno municipal. Graduado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Madrid e propietario dunha inmobiliaria, o novo edil analiza os retos que afronta nesta nova etapa.
Pregunta. Estudou en Madrid, pero regresou a Verín para emprender.
Respuesta. Sempre pensei en volver e achegar o meu gran de area ao desenvolvemento local. A miña familia ten tradición empresarial na vila e eu decidín abrir unha inmobiliaria para amosar que en Verín tamén hai oportunidades e que se poden facer cousas novas pola comarca.
P. Foi o número cinco da candidatura do PP en 2023. Agardaba asumir a acta a estas alturas?
R. Si, con 21 anos entrei na lista coa ilusión de sumar nun posto de saída, pero os resultados non foron os agardados. A estas alturas, sinceramente xa non contaba con entrar. Estaba centrado no meu negocio e dar a cara por unhas siglas sendo empresario sempre é complicado. Pero trala renuncia dos compañeiros e co respaldo do partido, decidín recoller a acta e asumir o reto. Agora estou dedicando moitas horas a poñerme ao día coa documentación e coa administración municipal.
P. Como pensa exercer de voceiro?
R. Intentarei seguir as directrices xenéricas que marca o partido, pero tamén ser a voz dos verinenses de a pé, dos que non están conformes con nada e dos que son críticos con todo o abanico político. Non vou ser un seguidista cego de nada nin de ninguén. Chego á política limpo, sen traxectoria. Pídolle aos verinenses que me dean unha oportunidade e que me transmitan tódalas súas inquedanzas. Eu serei, con moito gusto, a súa voz no pleno municipal. A rúa quere certa orixinalidade nos discursos, un ton de moderación e certa independencia dos partidos, porque a política está moi mal vista e degradada.
P. Cal é a súa diagnose sobre a xestión do goberno local na vila?
R. Penso que Verín non está aproveitando todo o seu potencial de desenvolvemento. Vemos un goberno centrado en pequenas actuacións de escaso impacto, mentres se deixan de lado grandes proxectos prometidos ano tras ano. Precísase unha estratexia máis ambiciosa para captar empresas, axudar ao comercio local e impulsar o turismo.
P. Que obxectivos se marcan dende o PP para o resto do mandato?
R. Traballaremos ao carón da xestora e de Víctor Baladrón para reestruturar o proxecto do partido. O obxectivo é escoitar á rúa, aceptar as críticas e integrar a todo o electorado, porque nas eleccións autonómicas e xerais o PP supera o 50 % dos votos en Verín. O noso reto é que esa confianza se volva traducir nunha alternativa sólida na vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN TOTAL
El PP regresa al pleno de Verín tras un mes sin representación
CINE Y CULTURA
El festival de cortos de Verín regresa con su décima edición
FALTA DE MANTEMENTO
O PP de Verín sinala “desidia e deixadez” nos parques infantís
Lo último
TRADICIONES
O Bolo busca conservar os nomes dos lugares
IGUALDADE DE XÉNERO
O Barco pon o foco na educación en igualdade
EXPLOTACIONES AGRAGARIAS
La Xunta limita la creación de nuevas granjas en A Limia
PREEUROPEO
El Ontime, al parón con un revolcón doble