CANCIONES EN LENGUA DE SIGNOS
El instituto Taboada Chivite de Verín participa en la novena edición "Cantamos coas Mans"
De tódalas organizacións humanas colectivas, o teatro é sen dúbida unha das máis complexas. A diferenza do cine, onde as escenas se repiten unha e outra vez na procura da perfección, os escenarios non entenden de segundas tomas. As obras son coma a vida: discorren en directo, sen pausas, ante os ollos dun público que só ve o produto final de encaixar moitas pezas, diante e detrás do telón. Se ademais de interpretacións engadimos á ecuación coreografías, música, baile, cancións e coros en directo, entón nos adentramos no terreo do musical, o xénero teatral definitivo.
De musicais sabe bastante o instituto Chivite de Verín, que leva máis dunha década facendo do extraordinario algo cotián. Malia tratarse da súa novena obra, a segunda consecutiva cun libreto orixinal, nunca deixará de marabillar que este centro convirta o teatro nunha asignatura máis, un pretexto para formar seres humanos e rachar coas barreiras que separan aos alumnos de distintos cursos entre si e cos seus profesores.
Tras render o ano pasado homenaxe aos clásicos musicais do cinema, o mestre David R. Rivada apostou este ano con “Disneyland D’eiquí” pola factoría Disney, unha fonte inesgotable de cancións que aínda resoan entre adultos e cativos, pero adaptadas ao galego por Isabel Cota. Ao longo de tres horas, o libreto moderniza os mitos e personaxes Disney, adaptándoos aos tempos que corren, onde as princesas e raíñas xa non son mozas en apuros á espera dun home que as rescate. Alén diso, lanza unha nítida mensaxe a prol da igualdade, o feminismo e a diversidade.
Pepiño Grilo é o encargado de introducir a trama principal, centrada na busca da desaparecida Ariel, filla de Horacio Hook e Wendy, quen fuxiu cun afamado youtubeiro, Flippy-Noxo. Esta liña argumental entrelázase coas doutros personaxes recoñecibles como Peter Pan, Aladdin, Jazmín, o Xenio ou a mesma Maléfica. O paso do tempo e as segundas oportunidades son algúns dos profundos eixes temáticos que a obra vai desenvolvendo coa aparente lixereza dos números musicais, deseñados polas coreógrafas Helena e Elisa.
Os afortunados que ateigaron as catro representacións no IES e no Auditorio presenciaron escenas memorables, como os monólogos redentores protagonizados por Óscar Leone, a terapia grupal das princesas Disney ou o baile das sufragistas, cunha lembranza a mulleres senlleiras do país. Mención aparte merece o punto culminante do musical, o baile ao unísono de Hook e Peter Pan fronte ao espello, un intre cargado dunha enorme beleza e lirismo.
A comunidade educativa do centro debe estar orgullosa de remar ano tras ano na mesma dirección e coa arte por bandeira. Especialmente se é para apostar por musicais coma este, comprometidos e rabiosamente actuais, moi acaídos para estes tempos difíciles que corren aquí e polo mundo adiante.
En definitiva, o Chivite amosou novamente que é máis do que un instituto: unha gran familia, unida polo teatro, cun alumnado cheo de talento como xoia da súa coroa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CANCIONES EN LENGUA DE SIGNOS
El instituto Taboada Chivite de Verín participa en la novena edición "Cantamos coas Mans"
CASI 20.000€ DE INDEMNIZACIÓN
Un año sin carné por atropellar a una menor en un paso de peatones en Verín
BLOQUEO BUROCRÁTICO
Absuelto el alcalde de Verín por retrasos en la rescisión de un contrato
VIÑOS E PRODUTOS DA TERRA
Últimas prazas para participar nas catas do Feira do Lázaro de Verín
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas