HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
"DISNEYLAND D'EIQUÍ"
O instituto Xesús Taboada Chivite de Verín está a piques de estrear a súa nova obra musical, “Disneyland D’eiquí”, a novena dende o inicio no 2012 deste “proxecto de centro”, e a segunda orixinal.
Tras render homenaxe o ano pasado aos musicais máis aclamados de sempre, desta vez o universo Disney e os seus personaxes sirven como pretexto para que os espectadores coñezan a unha familia ferida pola ausencia da súa filla, namorada dun exitoso youtuber.
Polo escenario sucederanse subtramas que enriquecerán o guión, protagonizadas por, entre outros, Aladdin ou Peter Pan, aderezadas con adaptacións ao galego de cancións clásicas de Disney, da man da profesora Isabel Cota, xa que a normalización lingüística é un dos piares dos musicais.
O autor do libreto, o mestre David R. Rivada, define este nova obra teatral e musical como un “convite a reflexionar sobre o pouso de valores que deixa no noso maxín aquilo co que se alimentou a curiosidade dos cativos que fomos”.
“Disneyland D’eiquí” ofrecerá ademais unha banda en vivo (violín, saxofón alto, chelo e piano), con gravacións orquestrais do alumnado do Conservatorio de Ourense e de piano de profesores de música, gravacións de cativos de infantil, transicións instrumentais de alumnos, un coro triple (profesores, estudantes e coro A tempo), e coreografías deseñadas polas coreógrafas Helena e Elisa.
A estrea terá lugar este xuño, cun total de catro pases: dous no salón de actos do instituto, o martes 3 e o mércores 4, e outros dous no auditorio, o venres 6 e o sábado 7, e todalas sesións serán ás 20,30 horas.
As entradas de balde poderanse recoller no centro, en horario de oficina, a partir do próximo luns. O Chivite partillou ademais nas súas redes un tráiler, gravado e editado por Sabela Souto, que amosa un dos números musicais.
Ademais o martes, 27 de maio, celebrarase a presentación oficial do musical no bar “O Enredo de Verín”, na Alameda, ás 22,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Botella especial
Cabreiroá vuelve a su origen verinense por su 120 aniversario
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N