HELICOPTERO MEDICALIZADO
Muere una mujer de 66 años en Verín tras caerse de un caballo
PSICOLOXÍA
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín vén de participar e coorganizar un proxecto europeo Erasmus sobre resiliencia e trauma infantil e xuvenil, "Building Resilience". Esta iniciativa, acollida pola entidade social Amazonas, con sede en Zagreb, tivo lugar na segunda semana de marzo nas montañas de Fuzine (Croacia), e reuniu a 27 profesionais de Rumanía, Croacia, Serbia, España, Portugal, Eslovenia e Grecia, entre elas Lorena Álvarez, directora e psicóloga do CIM.
Álvarez afirma que a exposición dos máis novos a situacións violentas e perigosas "causa estragos na saúde mental, e as terapias só coa fala non son suficientes". Por esa razón, o CIM presentou iniciativas a partir do deporte, a natureza, a música, a arte, a danza e as conexións e o apoio social de toda a comunidade, "coa finalidade de axudar aos seus usuarios a construír resiliencia nas súas vidas".
Na formación tamén se abordaron os recursos dos profesionais para facer fronte ao trauma ao que están expostos, así como o estrés laboral que pode conducir a un burnout (esgotamento físico e mental por exceso de presión). Tódolos participantes eran expertos en saúde mental, pedagoxía terapéutica e educación, con experiencia no apoio a menores expostos a trauma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HELICOPTERO MEDICALIZADO
Muere una mujer de 66 años en Verín tras caerse de un caballo
SIN PISTAS DEL COMPRADOR
Gastó un euro en la Bonoloto en Verín y se llevó 1,2 millones
19 Bodegas participantes
Verín descorcha la XIX Feira do Viño de Monterrei
Lo último