DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
PATRÓN DOS CONDUCTORES
A vila do Támega volverá acoller a xuntanza de conductores con motivo do San Cristovo, o patrón do gremio de transportistas. Segundo un dos organizadores, Evaristo “Tito” Salgado, haberá “polo menos 60 camións, pero esperamos chegar aos 70 do ano pasado”.
Así, o sector local tomará ás principais arterias do concello, cun desfile de camións engalanados que arrancará ás 16,00 horas deste sábado. Posteriormente, dende as 18,00 horas no barrio de San Antón, no entorno da Lonxa Agropecuaria, terá lugar a tradicional misa e procesión na honra do patrón. Durante a mesma, amenizada pola banda de gaitas do Riós, terá desenvolverase a homenaxe a compañeiros de profesión.
Ás 19,00 horas arrancará a música e sortearanse diversos agasallos e daranse premios entre os transportistas. Ademais, a cativada desfrutará de inchables e actividades pensadas para eles. Máis tarde comezará a amenización musical da Gramola, preludio da cea de compañeiros camioneiros, familiares e amigos.
O momento cume da velada vivirase pasada a medianoite, cunha verbena coa música da Gramola, e durante a que se fará entrega de premios aos tres camións mellor engalanados do desfile.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro