A Feira de Nadal regresa a Verín este decembro
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
O Concello de Verín vén de anunciar un ano máis na Praza Maior a Feira de Nadal, que terá lugar na ponte de decembro, os días 5, 6 e 7 do vindeiro mes
As persoas interesadas en participar na Feira de Nadal de Verín deberán enviar á organización as ideas e propostas do seu produto, así como da decoración do seu expositor. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.
Este evento, que o ano pasado reuniu a un total de 33 postos, contará coa participación de artesáns e produtores do sector alimentario, que amosarán os seus produtos e decoracións inspiradas no espírito das festas.
A inscrición ten un custo de 45 euros e está aberta artesáns e profesionais da alimentación que cumpran cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presenten unha solicitude a través da sede electrónica do Concello, ata o día 14 de novembro de 2025.
Horarios
O 5 de decembro, venres, a Feira de Nadal abrirá de 17,00 a 21,00 horas. Posteriormente, os días 6 e 7 os expositores ofrecerán os seus produtos en horario de 11,00 a 14,00 e de 16,30 a 21,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
Lo último