CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
CONTRARIOS Á COMARCALIZACIÓN
Arredor dun centenar de persoas, entre xuristas, cargos públicos, asociacións do ámbito social e veciñanza, déronse este mércores cita fronte aos xulgados de Verín co fin de denunciar publicamente que o tribunal da vila deixará de ter competencia en materia de violencia de xénero a partir de xaneiro, pasando en exclusiva ao Xulgado de Violencia sobre a Muller de Ourense.
Baixo o lema, “A xustiza non é un transporte: é un dereito. Verín non se pecha”, os avogados do partido xudicial verinense denunciaron que as mulleres do rural “teñen dereito a unha xustiza próxima e inmediata”. Ademais, describiron este servizo como “esencial”, xa que protexe “ás mulleres vítimas de violencia machista e ás súas familias”.
Os letrados insistiron en que as mulleres non precisan “desprazarse a cen quilómetros, senón acudir ao seu xulgado local, acompañadas do seu avogado e da súa rede de apoio, con dignidade e seguridade”.
Por todo iso, concluíron que esta reforma suporá unha “discriminación para o Ourense rural e as vítimas do rural, reducirá o número de denuncias e deteriorará a calidade da atención”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último