GEMMA ESCALONA
El Hospital de Verín recupera los tratamientos a domicilio
PRIMEIRA PROMOCIÓN
O Auditorio de Verín vestirá as súas mellores galas este luns para celebrar a festa de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) da vila, unha cita protagonizada pola graduación do alumnado de Grao Elemental e da promoción de Grao Profesional, a primeira na historia do centro.
A velada, que arrancará ás 20,00 horas, promete ser unha homenaxe ao esforzo e ao talento da mocidade verinense e da comarca. O alumnado do Conservatorio compartirá ademais escenario cos estudantes do instituto Xesús Taboada Chivite, que interpretarán o famoso musical “Mamma Mia!” e as súas coñecidas cancións do grupo sueco ABBA.
Dende o Concello, CMUS e Asociación de nais e pais convidan a toda veciñanza a acudir en familia e encher o auditorio para arroupar aos novos graduados nun acto no que non faltarán música nin sorpresas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GEMMA ESCALONA
El Hospital de Verín recupera los tratamientos a domicilio
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
Lo último