DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
DÉCIMA OBRA
O Hotel Maruxa prepárase para abrir as súas portas na vila de Verín a partir da semana que vén con motivo da representación do recoñecido musical “Mamma mia!”, a nova adaptación ao galego do instituto Xesús Taboada Chivite. Este mércores tivo lugar o último ensaio antes de que alumnado e profesorado suban ao escenario do centro -os días 9 e 10- e do auditorio municipal -o 12 e o 13-.
Despois de encadenar dous libretos orixinais, o profesor David Rodríguez Rivada apostou para o décimo musical do instituto por representar un musical xa coñecido e que foi levado ao cinema. Como xa é norma dende 2012, a obra representarase en galego, con cancións de ABBA adaptadas pola docente Isabel Cota, continuando a aposta pola normalización lingüística. Nesta versión, as coreografías son totalmente diferentes, creadas por Helena Pousada e Elisa Álvarez.
Os musicais do Chivite son un “proxecto de centro”, que busca xerar espazos de convivencia para alumnado de distintos cursos, pero tamén cos seus mestres, que axudan en moitas tarefas e participan no coro da obra. Tamén haberá instrumentación ao vivo.
Os interesados en acudir a algunha das catro funcións, que terán todas lugar ás 20,30 horas, deberán recoller a súa entrada de balde na secretaría do instituto, en horario de oficina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima