Botella especial
Cabreiroá vuelve a su origen verinense por su 120 aniversario
ENTREVISTA
Francisco Rodríguez tamén ten asimesmo unha gran traxectoria como crítico literario e historiador da literatura galega, e como escritor de ensaios e articulista.
Este xoves presenta na Casa da Cultura verinense, ás 19,30 horas, a segunda parte do seu ensaio “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza: A segunda metade do século XIV”, titulada “Un reino con clase dirixente”.
Pregunta. Que fitos relevantes descoñecemos da Galiza medieval?
Respuesta. Pois que Galiza foi o reino cristián orixinario da Península Ibérica fronte ao mundo musulmán. E non fomos nunca un apéndice nin de Asturias, nin de León. Máis ben entran no concepto da Galiza extensa, da Gallaecia romana. E quen quedou co nome da Gallaecia? Galiza contou con reis propios, de orixe galega, que saíron da clase dirixente galega. E temos unha historia medieval propia, unha arte, unha cultura, que se reflicten nas pegadas históricas en pedra, e nos cancioneiros galego-portugueses.
P. Por que se agocha a importancia do reino galego medieval?
R. A historia oficial está o servizo da construción da idea de España, nación única. E a vítima propiciatoria foi Galiza, xa que a nosa historia é incompatíbel coa que contan eles. Como vai ser Galiza apéndice se é onde se inventa Santiago, o mito máis importante da cristiandade fronte ao mundo musulmán e Roma? Iso creouno unha clase dirixente con poder político. Non foi en Oviedo ou en León onde o fixeron.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Botella especial
Cabreiroá vuelve a su origen verinense por su 120 aniversario
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último
TEATRO PRINCIPAL
Representación teatral de “Insurrection”
HASTA 6 AÑOS DE CÁRCEL
A juicio por los destrozos ambientales de su pizarrera en Valdeorras
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 4 de noviembre