ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
ENTREVISTA
A biblioteca municipal de Verín organiza este xoves na Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas, a presentación do libro “Nos regos de novembro”, a terceira obra do escritor Francisco Xavier Pérez Álvarez, natural de Servoi (Castrelo do Val).
A obra estrutúrase en capítulos inconexos cunha temática diversa, acorde á visión e ao xeito de estar e entender o mundo do narrador.
Pregunta. Que inspirou a súa nova proposta? Cal é o fío condutor?
Respuesta. A base de toda a miña traxectoria literaria e persoal é a lectura dos autores clásicos. Parto da filosofía de Marco Aurelio, que é un dos meus referentes, e de Séneca, cuxas obras plantexan o estoicismo e a súa cosmovisión da vida e da existencia humana. Tamén me influíron os ensaios de Michel de Montaigne e súa pregunta “Que sei eu?”, e a filosofía e a ética de Kant, que seguen hoxe a orientar o pensamento moral contemporáneo. No libro hai máis preguntas que respostas. Na escola aprendéronnos que o importante era dar unha resposta adecuada, cando quizais o máis importante é facer boas preguntas. O lector atopará reflexións, dúbidas, incertezas, buscas do máis variopinto da condición. E tamén algunha que outra aventura.
P. Que o levou a escribir e que busca coas súas obras?
R. Nas miñas obras fago unha homenaxe á xente da xeración anterior que non tivo a oportunidade de estudar e acceder ao coñecemento, pero si tiñan unha cultura e unha sabedoría moi profunda. Nas noites de inverno e nas de outono a xente reuníase nos fiadeiros a contar historias, a rememorar o que viviron, a falar dos mortos, de contos, e iso foi calando na miña mente dende que era un neno. Quería pór en valor o que eles compartían malia as súas dificultades e as súas carencias. A orixe dos cenáculos de poetas e escritores, como o Bar Latino na cidade de Ourense, estivo nos fiadeiros das aldeas, ao pé do lume, asando castañas.
P. Fixo un traballo de campo dos dialectos raiotos entre Vilardevós e Trás-os-Montes. Que atopou sobre o galego-portugués?
R. Levei unha gran sorpresa, aínda conservo 48 cintas de radiocasete. Durante tres anos fixen entrevistas a persoas de diferentes xeracións: neto, pai e avó. Quería ver as diferenzas que manifestaban, pero especialiceime en dúas cuestións principais, o rotacismo e a gheada, que logo presentei nunha ponencia no I Congreso Internacional da Lingua Galega, celebrado en Santiago no 1996. Tanto a unha beira coma a outra apenas hai diferenzas. Máis alá de diverxencias no léxico, a fonética, as velares, son comúns nesa zona de fronteira. E ocorre o mesmo coa xente transmontana. Para eles non hai unha Raia. É algo ficticio, administrativo, político, imposto dende fóra. Eles considéranse irmáns. Nunca me viron como alguén doutro país, senón coma un máis. É unha mágoa que non se estude máis esa historia de vida que compartimos cos nosos irmáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas