Gran acollida das “citas rápidas” para emprendedores no Polo de Verín
APOIO AO EMPREGO
O Polo de emprendemento de Verín acolleu unha actividade de networking a cargo do dinamizador Dani Diéguez, quen se encargou de que a experiencia dos participantes fora máis amena
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín acolleu onte unha novidosa actividade de networking. Como de costume, o obxectivo deste tipo de sesións é o de pór en contacto de xeito persoal a distintos profesionais.
Sen embargo, desta vez levouse a través de “citas rápidas”, breves e rotatorias, nas que os participantes tiñan entre 5 e 10 minutos para coñecer os seus respectivos perfís e emprendementos.
Nesta xornada, na que colaborou o GDR-9 Monteval, participaron de 25 emprendedores da comarca de Monterrei, pero tamén doutras como A Limia, Baixa Limia e Allariz-Maceda. Os profesionais, que teceron posibles sinerxias e colaboracións laborais, proviñan de sectores tan diversos como a organización de eventos, a artesanía, o coliving, o turismo rural ou a psicoloxía.
A dinámica estivo dirixida polo experimentado dinamizador Dani Diéguez, quen se encargou de explicar o formato e a “tarxeta de entrevista” que os emprendedores debían encher sobre cada un. Ao remate tivo lugar un aperitivo, no que os participantes puideron seguir “conectando” entre si mediante o uso de notas adhesivas.
“Crear unha rede”
Ao inicio da actividade tomou a palabra José Luis Maestro, subdirector xeral de emprendemento da Xunta, quen salientou que as empresas que tecen unha rede de apoios son “máis exitosas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APORTACIONES DE ADMINISTRACIONES
Verín sumará 2,27 millones en inversiones para 2026
PARCELA EN QUEIZÁS
La nueva área comercial de Verín comienza a tomar forma
CAMPAÑA DO DÍA DO PAI
Subir fotos cos pais de Verín ten premio no comercio local
Lo último