SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
FIGURAS CLAVE
Máis de 120 persoas participaron este sábado nunha homenaxe a Ramón e José, dúas figuras clave na transmisión da música e do baile tradicional na comarca de Verín. O encontro, celebrado no Estrela do Val (Castrelo do Val), reuniu alumnado de distintas xeracións, asociacións culturais, amizades e familiares nun acto que puxo no centro a dimensión comunitaria do seu traballo.
A homenaxe, organizada de maneira sorpresa, comezou cun recibimento colectivo no que os asistentes formaron un corredor humano para darlles a benvida, acompañado por gaiteiros. Ramón e Jose avanzaron entre a xente, saudando unha por unha ás persoas coas que compartiron ensaios, actuacións e anos de traballo arredor da música tradicional.
No xantar tivo lugar un dos momentos máis memorables: a lectura dunha carta de agradecemento e a interpretación dunha peza colectiva, acompañada por música tradicional, na que participou o conxunto das asistentes. A programación completouse con actuacións do alumnado de Candaira e cunha foliada aberta final.
Fíxoselles entrega de varios agasallos vinculados á súa traxectoria, entre eles unha pandeireta e unha pandeira elaboradas especificamente para cada un deles, así como unha publicación especial que recolle, a través de testemuños, o impacto do seu traballo. Ramón e Jose estiveron vinculados a proxectos como o grupo Birimbao, a súa participación en Brixel ou a creación da escola Candaira. Antes incluso de poñer en marcha este proxecto, xa iniciaran un traballo de recollida por toda a provincia de Ourense —e tamén noutras zonas de Galicia— nun momento no que apenas había iniciativas deste tipo.
A homenaxe serviu así para visibilizar o alcance real do seu traballo: unha rede de persoas que, a través da música e do baile, continúan activando a tradición na vida cotiá da comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Encuentran el cuerpo sin vida de un hombre en el río Támega, en Verín
SERVICIO NECESARIO Y EN AUGE
Migrantes y comarcas vecinas impulsan los nacimientos en el hospital de Verín
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega