DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
EVENTO MUSICAL
O Extruga Festival, o evento gratuíto de música e cultura urbana que terá lugar en Verín o 19 de xullo, quenta xa motores para unha nova edición coas confirmacións dos artistas que actuarán no seu escenario.
Un deses últimos nomes é o de Kid Mount, unha das voces máis prometedoras da música urbana en galego. Con só 20 anos, este artista da Limia afincado en Santiago mestura punk no seu trap.
Ademais do limiao, actuarán tamén a produtora e DJ barcelonesa GEA, que une acid tecno e a súa voz en directo para crear sesións que son terremotos sonoros, o grupo lisboeta Largo da Cumbia, coa súa cumbia e ska, O.B.F Sound System, veterán sound system francesa que virá acompañado polo MC Sr. Wilson.
Por último actuará Pappaquino, o artista de Ábedes que debutou precisamente no Extruga na anterior edición.
9Louro, o proxecto de Martín Louro que combina funk brasileiro, reguetón, trap e bachata, gañou a categoría “Música Emerxente” do Extruga, e levará como premio actuar no evento e 400 euros.
En segunda posición quedaron as Silveiras do Támega, que gañan 200 euros e unha aparición especial, mentres que silee quedou terceira e obtén un desconto no novo estudo de gravación de Pappaquino.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro