BOTELLA DE CRISTAL EN MANO
Acepta 60 días de trabajos comunitarios por golpear y morder en el cuello a su expareja en Verín
EXPOSICIÓN
O fotógrafo verinense Carlos Folgoso Sueiro, gañador da XII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea polo proxecto “Alén do lago”, exporá esta primavera as fotos que a compoñen en capitais coma Londres e Nova York.
Nos últimos meses, o seu retrato persoal e particular do territorio e da xente de Galicia vén de ser escollido e premiado nalgúns dos principais certames fotográficos do mundo.
Por unha banda, a obra máis recente de Folgoso Sueiro foi unha das seleccionadas na categoría “Perspectivas” dos Sony World Photography Awards 2025. A consecuencia disto, exporase ao público no edificio londinense Somerset House, un dos maiores edificios históricos de Gran Bretaña, do 17 de abril ao 5 de maio.
A súa visión do rural galego tamén se poderá ver en xuño no Photoville de Brooklyn (Nova York), tras recibir o premio Zeke á mellor fotografía documental da Social Documentary Network.
No marco do Premio Galicia está previsto que se expoña en maio en Lugo. Tamén visitará Verín proximamente, nun lugar e data aínda por confirmar.
Para Folgoso Sueiro, a acollida que está a recibir “Alén do lago” supón todo un “orgullo”, xa que é unha obra que nace “da dor, dun periodo de estancamento a nivel profesional; comecei a facer estas fotos dun modo sincero, sen pretender facer ningún proxecto”.
Ademais asegura que é a súa creación “máis persoal”, dado que moitas das fotografías “son da casa, da miña familia, da casa dos avós, en Atás, e que se expuxeran en museos coma o Hermitage de San Petersburgo ou agora en Nova York é toda unha satisfacción”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BOTELLA DE CRISTAL EN MANO
Acepta 60 días de trabajos comunitarios por golpear y morder en el cuello a su expareja en Verín
POLO DE EMPRENDEMENTO DE VERÍN
Emprender en Monterrei, una apuesta por su potencial
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
Lo último
VUELVEN LAS ALTAS TEMPERATURAS
Previsión del tiempo: El calor regresa esta semana a Ourense tras las lluvias