Máis de 70 comercios de Verín abrirán o Xoves Santo
COMERCIO LOCAL
Non hai límite de participacións, puidendo ter máis oportunidades de resultar agraciados
A Asociación de Empresarios/as de Verín - Centro Comercial Urbano (Aever-CCU) vén de presentar a súa campaña de dinamización comercial para esta Semana Santa. Baixo o nome “Xoves Santo Aberto”, máis de 70 establecementos da vila abrirán as súas portas o vindeiro xoves, 17 de abril, día festivo autonómico.
Co obxectivo de incentivar as vendas e atraer clientes ao comercio local verinense, Aever sorteará dous cheques de 50 euros para gastar no comercio local, un entre tódalas persoas que merquen ese día nalgunha das tendas asociadas.
Para participar no sorteo, os clientes deberán rexistrar as súas compras na web da asociación, ou co código QR que atoparán nos cartaces da campaña e nos comercios. Non hai límite de participacións, puidendo ter máis oportunidades de resultar agraciados.
Gañadores
Os nomes dos gañadores revelaranse o día 21 nas redes sociais de Aever, e disporán ata o 30 de abril para gastar os cheques. Esta campaña está cofinanciada pola Xunta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último