MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
APOSTA POLOS SERVIZOS
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, ente supramunicipal que engloba a sete concellos, aprobou este martes o orzamento para 2026 cos votos favorables de Cualedro, Laza, Monterrei e Oímbra, e a abstención de Castrelo do Val, Verín e Vilardevós.
As contas presentadas onte na asemblea, celebrada no Concello verinense, ascenden a 3.437.000 euros, cantidade lixeiramente inferior aos 3,7 millóns récord do 2025. A meirande parte desa cantidade destínase a persoal -1,65 millóns- e bens e servizos -1,56 millóns-, con apenas 136.600 euros destinados a investimentos.
O presidente, José Luis Suárez, defendeu un orzamento que definiu como “continuista”, e reivindicou a carteira de servizos “bastante ampla” que presta a entidade, como “a recadación, o punto limpo, o equipo de maquinaria, o Centro de Información á Muller (CIM), as brigadas de incendios ou os cursos formativos”. Engadiu que cre na “potencialidade” do ente, que debe ser “o prestador de servizos por excelencia na comarca, indo unidos e non por separado”.
No turno de intervencións, a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, quixo coñecer máis sobre certas achegas. Pola súa banda, a tenente de alcalde de Vilardevós, Eva Gamote, pediu “máis ambición” e propuxo a elaboración dun “plan de viabilidade” debido á gran cantidade de persoal -76 traballadores-, remitíndose a un informe de secretaría e intervención que tildou de “demoledor” debido ás “tensións de Tesourería”.
Suárez rexeitou esas apreciacións, afirmando que sempre se teñen atopado “solucións” e que seguirán chamando á porta doutras administracións, como “Xunta e Deputación”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Manifestación multitudinaria
Verín mobilízase para reclamar mellor atención sanitaria
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia