CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
APOIO CLAVE
Os sete concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín volverán contar cos servizos de catro brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais nesta vindeira campaña, repetindo o convenio do ano pasado.
Os profesionais traballarán durante seis meses, e segundo o presidente da Mancomunidade, José Luis Suárez, “estamos traballando para que inicien o seu labor o 1 de maio”. Suárez salientou tamén que en 2025 “funcionaron moi ben, inspeccionaron e levantaron actas de limpeza das faixas secundarias”.
O pleno ordinario do mes de marzo, celebrado no Concello de Verín, incluíu a aprobación da conta xeral do orzamento de 2025 e a liquidación do mesmo, que ascendeu a 8.772,99 euros.
No turno de rogos e preguntas, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, puxo sobre a mesa o interese da Fundación Amaranta, que axuda á integración de mulleres en contextos de prostitución, para que dean formacións de sensibilización aos traballadores municipais dos concellos da Mancomunidade, en especial aos de asuntos sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último