DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
CARREIRA DE OBSTÁCULOS
A comarca de Monterrei prepárase para vivir este domingo unha xornada histórica coa celebración da primeira edición da carreira de obstáculos A Revolta Irmandiña. Máis de 300 persoas participarán neste evento deportivo e cultural que une os Concellos de Verín e Monterrei, coa organización Ktorce e apoio de Xunta e Deputación.
Para complementar esta proba inspirada na Revolta Irmandiña, a xornada terá unha ampla programación paralela para tódolos públicos. No entorno da Preguiza instalarase unha zona de mercadillo con oito postos que ofrecerán desde artesanía local ata produtos ecolóxicos e solidarios.
Ademais haberá amenización musical en directo da man de Candaira, acompañada por música ambiente, así como tiro con arco. Ao remate da proba, participantes e público compartirán un xantar popular.
A programación infantil “Irmandades Miúdas” converterá aos máis pequenos en protagonistas, grazas a xogos, probas adaptadas e contidos lúdicos inspirados no espírito irmandiño, para educar e divertir ao mesmo tempo.
A tarde-noite do sábado é a última oportunidade para degustar o “Pincho Irmandiño”, unha ruta con ingredientes medievais por 10 locais de Verín: Tapería Rúa Maior, San Roque, Bar Cafetería O Tixo, Brétema, Oh Caruso, Gandainas, Enredo, O Ferro, Almae e Luan’s.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro