ACCIDENTE EN CARRETERA
Un herido al volcar su coche en Pazos después de dar varias vueltas de campana
CONCERTO ESPECIAL
Como cada domingo, o local da banda de gaitas Nova Era na avenida de Laza é un rebulir constante de integrantes chegados de distintas partes da provincia, Galicia e ata da veciña Portugal. Os músicos cítanse en Verín para levar a cabo os últimos ensaios de “DEZ”, o concerto que ofrecerán o vindeiro 7 de decembro no auditorio de Ourense, e co que esta agrupación de orixe no val de Monterrei, pero de vocación universal, busca establecer “unhas novas bases que sirvan de referencia para formacións galegas coma a nosa”, asegura Dani García, un dos directores da banda.
Os gaiteiros chegan antes porque primeiro deben “quentar” e afinar o seu ton para encaixar co resto de instrumentos. O encargado de dirixir esta tarefa laboriosa na gaita é José Ramón Pérez, natural de Lodoselo (Sarreaus), un dos varios membros que se formou na Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia, e que leva en Nova Era case dende o seu inicio: “O segredo é que estamos unidos, tocamos aquí porque queremos e empurramos na mesma dirección”.
Pero máis alá de gaitas, o vento, a corda e a percusión xogan un papel igual de vital para a banda. Cristina Pumar vén de Nogueira de Ramuín, aínda que naceu en Suíza, onde comezou a tocar o timbal na banda do seu tío, con apenas sete anos. Entrou en Nova Era “para botar unha man, e ao final quedei porque somos unha piña, levámonos todos moi ben independentemente da idade ou de onde somos”.
Nova Era formouse no ano 2015 coma un proxecto que buscaba “recuperar a música relacionada coa gaita en Verín”, afirma Álex Nieves. “Case todos viñamos doutras agrupacións, e o que os directores Dani e Álvaro Rúa querían era traer frescura a este mundo grazas á nosa independencia creativa”, engade o gaiteiro.
Ao non depender de ningún Concello nin institución, son os propios integrantes os que achegan do seu peto unha cota anual á Asociación de Música Tradicional de Monterrei, que é a entidade sen ánimo de lucro a través da cal financian os seus desprazamentos, álbums e concertos coma “DEZ”. Iso non quita que tamén busquen o apoio puntual de patrocinadores privados e das administracións.
O seu debut tivo lugar na casa, na XXX Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, e daquela xa eran unha trintena de músicos de varias comarcas. Non tardaron en compartir o seu repertorio, no que conviven as muiñeiras co swing, a salsa, a música celta ou os ritmos balcánicos, nos escenarios dalgúns dos certames de referencia da música de raíz en Ortigueira, a Bretaña francesa ou a República Checa. A finais de 2019 publicaron “Rumbo NE”, o seu primeiro álbum, cuxa traxectoria quedou truncada pola pandemia.
Superado aquel contratempo, Nova Era foi asidua de concertos de Óscar Ibáñez e realizou outras colaboracións, pero sobre todo seguiu publicando novos temas e ofrecendo directos nos que seguiron fusionando os sons tradicionais con influencias de músicas de todo o mundo. Mesmo publicaron disco e documental sobre esta década, “oriXes”, cunha produción á altura de calquera outra agrupación profesional.
O codirector Álvaro Rúa convida a todo o mundo a mercar as entradas e acudir a Ourense a desfrutar deste concerto-aniversario porque “dalgunha forma é coma se leváramos toda a vida preparándonos para un evento en directo así. Poremos en práctica todo o que aprendemos nestes anos, teremos máis de 70 músicos sobre o escenario e ofreceremos cinco paradas musicais, levando a banda a outra dimensión”.
Co afinado completado e tódolos músicos no local, o ensaio está a piques de comezar. Por diante, dúas horas nas que repasarán todo o repertorio de “DEZ”, co que conquistarán o auditorio ourensán. Máis que nervios, os integrantes comparten a ilusión por un concerto que será “especial” para todos. Antes de coller a batuta, o director Dani toma a palabra para motivar aos seus compañeiros e lembrarlles que queda pouco tempo para o gran día. Unha data sinalada na que Nova Era aspira a seguir marcando a pauta das bandas de gaitas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE EN CARRETERA
Un herido al volcar su coche en Pazos después de dar varias vueltas de campana
ACTIVIDADES FESTIVAS
La visita de Papá Noel, colofón dominical de la Feira de Nadal de Verín
LA ACRÓPOLIS, EN MINIATURA
La espectacular maqueta del Castillo de Monterrei que se exhibe en Verín esta Navidad
Lo último
INTELIGENCIA ARTIFICIAL
Bruselas investiga a Google por usar contenido de medios
Tensión en Latam
Venezuela rechaza que Panamá medie entre Washington y Caracas