ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"ME HAS ROBADO EL CORAZÓN"
O salón de actos da Casa da Cultura de Verín volverá ofrecer unha programación estable de cinema comercial de estrea, con títulos para tódolos públicos, empezando este venres con “San Simón”, ás 20,30 horas. Esta fin de semana tamén se proxectará a película de animación “Los tipos malos 2”.
O cinema municipal de Verín acollerá o vindeiro mes a estrea de “Me has robado el corazón”, mestura de road movie e comedia romántica protagonizada por Óscar Casas e Ana Jara que se rodou este ano en Laza, no Riós e Verín en vésperas do Entroido. A rodaxe foi todo un evento na comarca, e centenares de veciños fixeron de extras e simularon o Luns Borralleiro lazao e o Xoves de Comadres na vila do Támega.
Dende que esta iniciativa do Concello botou a andar no ano 2016, converteuse nun punto de referencia na axenda cultural verinense, achegando unha alternativa de ocio de calidade e permitindo desfrutar das últimas novidades da carteleira sen saír do municipio. As entradas, cun custo de cinco euros, poden mercarse 30 minutos antes do inicio de cada sesión.
Este venres arranca ás 20,30 horas a tempada de cinema comercial co filme “San Simón”, que tamén se proxectará o sábado e domingo, ás 19,30 e 22,00 horas. Eses días ofrecerase “Los tipos malos 2” ás 17,00 horas, así como a vindeira fin de semana, cando compartirá cartel coa comedia “La cena”. Para desfrutar de “Me has robado el corazón” tocará agardar ata a ponte da Constitución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas