HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
HOSPITAL DE VERÍN
O PP de Ourense anunciou que no vindeiro pleno da Deputación presentará unha emenda de modificación á moción do PSOE sobre a sanidade pública, co fin de defender un “debate rigoroso e sen alarmismos”, eliminando as referencias “inexactas e desactualizadas” sobre a situación sanitaria, especialmente no que atinxe ao hospital comarcal de Verín.
A proposta popular recolle o apoio a estes centros como servizos esenciais, a necesidade de reforzar os especialistas e a recuperación da hospitalización a domicilio en Verín “antes de rematar o verán”. Tamén destacan o esforzo da Xunta, lembrando que o hospital comarcal aumentou “nun 37,5%” o seu cadro médico entre 2024 e 2025 , ten “máis do 90%” das prazas cubertas e rexistra agardas de “menos de 20 días” en varias especialidades.
En investimentos, salientarán os 4,9 millóns destinados ao novo edificio de urxencias e a previsión de licitar novas reformas en 2026 por 1,5 millóns, reiterando que a sanidade rural deféndese con “planificación e medidas eficaces”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Botella especial
Cabreiroá vuelve a su origen verinense por su 120 aniversario
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N