ACCIDENTE MORTAL
Desenlace fatal en Verín de un viaje de amigos a los Picos de Europa
SERVIZO HADO
Verín contará cun equipo de hospitalización a domicilio “antes de que remate o verán”, segundo anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no pleno do Parlamento, en resposta a preguntas da socialista Carmen Dacosta. Este novo equipo desprazarase directamente ás vivendas dos pacientes en réxime de hospitalización e, de xeito simultáneo, prestará coidados paliativos a domicilio. A implantación do servizo é viable porque o departamento de Medicina Interna conta actualmente con nove profesionais.
A socialista Carmen Dacosta lamentou o “desmantelamento e o deterioro progresivo” do Hospital de Verín, alertando de que “redúcese a actividade, falta persoal e aumentan as derivacións ao CHUO”.
O titular de Sanidade, pola súa banda, reafirmou que os hospitais comarcais como o de Verín son unha prioridade para a Xunta, e anunciou que este ano licitarase por 1,5 millóns un proxecto para reformar a zona antiga do edificio, trasladar o hospital de día ás vellas urxencias e renovar os baños dos cuartos de hospitalización. No plano laboral, destacou que o cadro de médicos medrou un 37,5% entre 2024 e 2025 coa incorporación de 15 profesionais para reforzar especialidades como anestesia, cirurxía xeral, traumatoloxía, oftalmoloxía ou medicina interna.
Finalmente, o conselleiro salientou os tempos de resposta do centro, sinalando que os veciños da comarca de Monterrei agardan de media 56 días menos para unha operación e 41 días menos para unha consulta externa que a media do Estado, mentres que especialidades como cirurxía, neuroloxía, rehabilitación ou xinecoloxía teñen listas de agarda inferiores aos 20 días. No tocante a cardioloxía, xustificou a falta de consultas in situ pola xubilación de dous profesionais do Hospital de Ourense, agardando que se cubran as vacantes axiña para restablecer o servizo presencial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE MORTAL
Desenlace fatal en Verín de un viaje de amigos a los Picos de Europa
DIMISIONES SORPRESA
El pleno ratifica la renuncia de los ediles del PP de Verín
Lo último
FESTIVIDAD DE LA CANDELARIA
El Hogar Canario Venezolano de Caracas celebra a la Virgen de Candelaria