riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
SERVIZO MUNICIPAL
O PP de Verín alerta sobre a “insalubridade” que xeran as graves carencias no servizo municipal de recollida de residuos sólidos orgánicos. Segundo os populares, a decisión do bipartito de asumir en solitario este servizo provocou un claro “empeoramento”, existindo aldeas nas que o lixo se chega a acumular nos colectores “ata dúas semanas sen ser recollido”.
Á falta de recollida “habitual, non puntual”, súmase un incremento das taxas. A trimestral para vivendas urbanas aumentou un 62%, ata os 23,50 euros, e no rural subiu ata os 16,50 euros. Afirman que o comercio e a hostalaría local tamén padeceron importantes encarecementos na súas facturas.
A formación lembra que o Concello abandonou a Mancomunidade no 2019 para xestionar o servizo de xeito municipal, prometendo un abaratamento que nunca se cumpriu. Equiparan esta situación coa xestión municipal da auga, que xa lle custou 875.000 euros ao Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último