DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
FORZA DA OPOSICIÓN
O grupo municipal do PP verinense gardara “silencio” durante o recente proceso que rematou coa sentenza condenatoria contra o alcalde, Gerardo Seoane, “en sinal de respecto á xustiza”.
Pero este luns, a voceira, Lara Da Silva, e o presidente local, Jiménez Morán, esixiron a súa dimisión “dunha vez”, e cominárono a “deixar de inventar confabulacións e historias, facerse o inocente, botar a culpa a funcionarios e xuíces e respectar a lei”, xa que nada diso é “crible” nunha persoa “que é arquitecto”.
Malia que o fallo por un delito contra a ordenación do territorio por unha intervención na contorna da igrexa de Queirugás “aínda non é firme”, Da Silva afirmou que esta actitude era “reiterada”, de aí os “máis de 700” reparos de legalidade que acumula Seoane, o informe de tesourería e intervención que transmitía “preocupación” pola situación económica e falta de “colaboración”, e os “constantes requerimentos” doutras administracións. Todo iso resúmese en que en decembro terá “un novo xuízo por desobediencia á autoridade”.
Jimenez Móran, quen afirmou que se “vía na obriga de falar por alusións”, apuntou que Seoane “cre que é o sheriff por enriba da lei”, e que non é a primeira vez que actúa ”con premeditación” e sen “informe nin permiso de Patrimonio”. Puxo como exemplo o derrubamento “da óptica da rúa Lisa”, que realizou “cedo pola mañá, antes de que chegara a policía autonómica”.
O popular engadiu que estas “malas prácticas” provocan que o último secretario “denunciase a Seoane por vulneración de dereitos fundamentais”. Ademais, hai un par de semanas, “varios inspectores do Consello de Contas botaron cinco días inspeccionando os numerosos incumprimentos”, polo que o presidente local amosouse “convencido” de que o seu ditamen será “moi grave”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro