CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
O Partido Popular desgranou onte as súas críticas aos orzamentos do Concello verinés para este ano, aprobados inicialmente en pleno o 27 de xaneiro, e que se atopan na fase alegatoria trala súa exposición pública. A voceira popular, Lara Da Silva, afirmou que tras “meditalo seriamente”, finalmente non presentarán alegación nin incidente algún co fin de “non ser un obstáculo para que os veciños e as empresas da veciñanza que figuran como acreedores do Concello tarden máis tempo en cobrar as súas débedas”.
Da Silva detallou que os orzamentos son un “documento a todas luces inexacto e insuficiente” e que amosan “falta de previsión, como por exemplo engadir a posteriori 18.000 euros que o grupo de goberno e unha empresa esqueceran”. Ademais puntualizou que a non ratificación do carácter urxente da sesión plenaria “foi avisada nun informe de Secretaría, e provocaría a nulidade de pleno dereito da aprobación orzamentaria, ou a anulabilidade”.
Finalmente, Da Silva afirmou que seguirán “traballando e fiscalizando”, pero lembrou que “sabemos o difícil que é manter un negocio aquí, polo que sempre estaremos a favor dos proveedores”.
O concelleiro Aitor Álvarez aproveitou para amosar a súa “preocupación” polo “lamentable” estado do pavillón de deportes, que presenta “goteiras”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último
DESCENSO TÉRMICO
El frío invernal llega a Ourense esta semana
UN CHAMAMENTO EN GALEGO
Lamas Carvajal, La Región e Ourense
PRECIOS "ASEQUIBLES"
La acampada de Vigo se mantendrá de forma "indefinida" pese al desalojo de la de Sol