O PP de Verín sinala o “abandono” dos barrios

"FALSAS PROMESAS"

Os populares reuníronse con veciños do barrio da Cruz Vermella

Representantes populares xunto con veciños do barrio da Cruz Vermella.
Representantes populares xunto con veciños do barrio da Cruz Vermella.

As concelleiras do PP de Verín, Lara Da Silva, Sonia Arias e Beatriz Blanco, e o deputado autonómico Víctor Baladrón, achegáronse ao barrio da Cruz Vermella para escoitar as reivindicacións da veciñanza ante a “situación de abandono” que sufre esta zona da vila.

Segundo os populares, algunhas das deficiencias que presenta o barrio son rúas en mal estado e firme levantado son algunhas das deficiencias existentes neste barrio, un deterioro do pavimento que está a dificultar o acceso as súas vivendas e empresas

Apuntan a que os veciños levan escoitando durante un ano “falsas promesas” do grupo de goberno PSOE-BNG, unha “situación de desamparo” e “ausencia de atención” que fai que os veciños da Cruz Vermella reclaman unha solución.

Financiamento provincial

Dende o PP verinense reclaman ao grupo de goberno que “escoite á veciñanza, atenda as súas necesidades reais e deixe de enganalos”. Recordan ademais que teñen a oportunidade de incluír estas obras de mellora no Plan CooperOU da Deputación, que xa permitiu “o asfaltado de varias rúas no municipio, así como a adecuación do acceso ao polígono de Pazos ou a recente achega de 80.000 euros para iniciar a segunda fase de mellora da avenida Luís Espada”. Engaden que través deste plan provincial, o Concello de Verín acadará más de 2,1 millóns de euros nos catro anos de lexislatura.

Por outra banda, tamén ven necesario mellorar rúas céntricas como a Galicia, que se atopan nun estado “lamentable” e ocasionan “danos” nos vehículos que transitan por elas. Nos núcleos tamén hai rúas en mal estado, como é o caso de “Queizás, Vilamaior, Pazos e Tintores, entre outros”.

Contenido patrocinado

stats