riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
PULO PARA A EUROCIDADE
A Escola Superior de Saúde da Cruz Vermelha Portuguesa - Alto Tâmega (Chaves) está a acoller un intercambio entre profesionais do sector sanitario, froito da colaboración da Eurocidade, institucións lusas e a Xunta.
Esta iniciativa, que se desenvolveu ao longo de catro xornadas e remata este xoves, ten como fin que os participantes melloren a súa formación e as súas capacidades de resposta en situacións de emerxencia, profundizando en técnicas avanzadas para atender paradas cardíacas ou problemas cardiovasculares graves. Tamén se están a formar na asistencia especializada a persoas que sufriron accidentes con traumatismos severos.
Colaboran a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 dentro do proxecto europeo Transfiresaúde, que busca fortalecer a innovación e a investigación sanitaria na rexión fronteiriza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín