riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
PRIMEIRA CONFIRMACIÓN
O proxecto de rap en galego de corte alternativo XianPais, detrás do que se agocha o artista Xián Saborido Pais (Muros, 2000), vén de ser escollido polo xurado como gañador do III Concurso de Música Emerxente que organizou o Extruga Festival.
Deste xeito, o coruñés convértese no primeiro artista confirmado para a edición deste ano do festival de música e cultura urbana de Verín, que desta vez terá lugar ao longo de dous días, o 17 e 18 de xullo.
Ademais de obter a oportunidade de subirse ao escenario do Extruga e ofrecer unha actuación na vila do Támega, XianPais recibirá un premio de 500 euros tras ser escollido de entre un total de 61 artistas emerxentes do país, doutras partes do Estado e mesmo da veciña Portugal.
Ao longo dos vindeiros días os organizadores do Extruga irán desvelando outros artistas que conformarán o cartaz desta nova edición que volverá ser de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último