DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
CERTAME MUSICAL
O Extruga Festival de Verín, referente da música e da cultura urbana no suroriente ourensán, xa quenta motores para unha nova edición, desta vez ao longo de dous días, o 17 e o 18 de xullo. Coincidindo co seu regreso, o evento celebra por terceira vez o concurso “Música Emerxente”, que ofrece como premio ao gañador 500 euros e a posibilidade de actuar na vindeira edición do Extruga Festival. As bandas ou artistas solistas interesados inscribíronse a través das propias redes sociais do festival.
En total, hai 61 aspirantes, procedentes de Galicia e doutros lugares do Estado coma Andalucía, Barcelona, Estremadura, Madrid e Salamanca, máis un grupo de Portugal. O periodo de votación popular está aberto ata este venres, 17 de abril. Para votar, basta con seguir a Extruga Festival en Instagram (@extruganarua), deixar un “like”, republicar o “post” do certame, e deixar un comentario nel mencionando a banda ou artista preferido. Só se permite un comentario por usuario.
O 19 de abril anunciaranse as catro propostas finalistas que aspirarán ao premio. Actuar no Extruga ten sido un trampolín tanto para Tinho (Another Wasted Year), que en 2025 participou no “talent-show” Operación Triunfo, como para 9Louro, gañador o ano pasado, e que agora triunfa está a triunfar na música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro